CRTVG

Buscar

A nadadora María Vilas volve competir e soña con estar en Toquio 2020

Publicado o 31/03/2019 13:16

Sendo moi nova conseguiu o soño de calquera deportista de elite, competir nuns Xogos Olímpicos. Un soño que para ela se converteu en pesadelo. O esforzo da preparación para O Río 2016 obrigoulle a pagar a peaxe máis alta para unha nadadora, abandonar a piscina; ela mesma confesou que chegou a odiar a natación.

Dous anos despois de deixalo todo, volve a adestrar, aquí en Galicia, en Pontevedra, e o máis importante, reconciliouse co que case é o seu medio natural, a auga. Esta é a historia da que foi e segue sendo unha das mellores nadadoras galegas, e só con 22 anos: María Vilas.

Noticias web

31/03/2019