CRTVG

Buscar

A música de Marcos Mella vibra para máis de 20 persoas xordas

Publicado o 19/01/2020 15:29

A voz e a guitarra de Marcos Mella e o piano de Fran Rey soan e vibran por unha música sen barreiras. As persoas xordas poden sentir a canción, viaxar polas emocións da melodía, distinguir as peculiaridades de cada instrumento. A maxia é posible grazas ás mochilas vibratorias que cede o concello de Nigrán.

A Casa das Palmeiras de Neda acolleu este concerto en formato reducido por iniciativa da asociación de persoas xordas de Ferrolterra. Queren concienciar e continuar derrubando barreiras para que a cultura e o ocio sexan accesibles para todos.

Marcos Mella presentou en Neda o videoclip da súa canción 'Me pierdo'. Colaboraron Rosa Cedrón e os actores Lucía Regueiro e Oswaldo Digón, que aprenderon a cantar en lingua de signos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020