CRTVG

Buscar

A música das bandas non para, aínda que teñan que ensaiar a distancia

Publicado o 24/03/2020 16:35

E o director colleu a batuta. E Banda de Silleda volveu soar. Separados, pero xuntos, é o Resistiré, xa como un himno compúxose nun quebracabezas musical para emocionarnos e darnos forza. Precisaron primeiro a idea dalgún dos músicos máis inquietos da banda que querían seguir tocando xuntos, pero desde a casa.

O vídeo corre xa pola redes. Corenta músicos axudándonos a resistir. E Sonia, Alfredo, Irene, Cristina ou Santiago recordarán, cando a vida volva a ter tacto e pel, que a música pode traspasar calquera muro. A semana que vén volverán dividir a pantalla para tocar xuntos.

Noticias web

24/03/2020