A muralla romana de Lugo, 20 anos como Patrimonio da Humanidade
Publicado o 30/11/2020 15:55
O principal monumento de Lugo, a muralla romana, está hoxe de aniversario. Fai vinte anos da súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
Un recoñecemento que permitiu a proxección mundial do monumento que vertebra a cidade e convertelo nun dos principais reclamos turísticos de Galicia.
Os actos arrancaban tinguindo de luz as portas da muralla para que os lugueses proxectaran a súa sombra lumínica sobre os muros do monumento.
A Xunta deseña un plan director en que se marcará a folla de ruta das actuacións que se van levar a cabo no monumento para a súa conservación e mantemento.
Xa hai programados varios traballos para o vindeiro ano, como a restauración dos lenzos de dous dos cubos.
Máis sobre Lugo
14/04/2021 14:19
13/04/2021 20:35
13/04/2021 17:24