CRTVG

Buscar

A muller do veciño de Rande desaparecido en Madrid pide a colaboración cidadá

Publicado o 11/10/2019 15:19

A muller de Juan Carlos Gil, o veciño de Rande que desapareceu en Madrid, continúa sen noticias do seu paradoiro e fai un chamamento á colaboración cidadá para atopalo.

Carlos vivía en Madrid por motivos laborais e a última vez que o viron foi o sábado pasado nas inmediacións do piso en que residía. O seu teléfono está apagado, non fixo movementos bancarios e deixou todas as súas pertenzas na casa. A familia descarta unha desaparición voluntaria.

Noticias web

11/10/2019