CRTVG

Buscar

A MITEU de Ourense cumpre 25 anos con novas normas polo coronavirus

Publicado o 14/07/2020 21:36

Sobre o escenario prepara a súa función de hoxe o grupo Maricastaña, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense.

É unha das dezasete representacións que se poden ver este ano na MITEU. Unha edición recortada practicamente á metade pola falta de apoio económico do Concello e por suposto pola irrupción do coronavirus, que levou por diante boa parte da programación prevista. Aínda así o mellor, din, está a ser a resposta do público.

Moito mudaron as cousas respecto a outros anos. E nótase especialmente nos espazos pechados coma este, o Teatro Principal.

Xa no patio de butacas todo é diferente, salvo o que en realidade os trae ata aquí.

Para estes tempos en que tan complicado é viaxar, a MITEU, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, propón facelo co maxín e gozando de todo o que ofrecen dende os escenarios.

Noticias web

14/07/2020