A ministra de Igualdade cualifica de "preocupante" a fusión de Bankia e CaixaBank
Publicado o 07/09/2020 20:53
A ministra de Igualdade cualifica de "preocupante" esta fusión e alerta dos riscos de concentración bancaria. Irene Montero recoñeceu ademais que o presidente Sánchez non informou os ministros de Unidas Podemos antes de que se anunciase a posible fusión pero pediu discreción.
"O que teñamos que falar no interior do Goberno, falarémolo no interior do Goberno. Vaime permitir, polo tanto, que sexa discreta e prudente nese sentido. Parécenos unha noticia preocupante a concentración bancaria e as entidades que son demasiado grandes para caer. Isto non é unha novidade, é algo que coñecemos na última década coa anterior crise financeira. Parécenos que non beneficia a economía española", di Irene Montero, ministra de Igualdade.
Máis sobre actualidade
24/01/2021 21:52