CRTVG

Buscar

A ministra de Economía visita Galicia para actos de campaña do PSdeG

Publicado o 30/03/2019 09:50

A ministra de Economía, Nadia Calviño, estivo este venres en Galicia para apoiar os candidatos socialistas aos próximos comicios. Nun acto de partido no concello ourensán do Carballiño, Calviño estivo acompañada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Nese acto, a ministra destacou que a decisión do Goberno central de deixar que as administracións públicas poidan empregar o superávit orzamentario de 2018 en investimentos financeiramente sostibles en 2019 permitirá a comunidades e concellos "gobernar para as persoas". Pola súa banda, Caballero puxo á ministra de exemplo de "boa política económica compatible cunha axenda de intensidade social". Nadia Calviño tamén visitou Santiago de Compostela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019