CRTVG

Buscar

A mellor granxa de España en benestar animal está en Vila de Cruces

Publicado o 04/12/2019 21:09

A explotación porcina de Nudesa en Vila de Cruces recibiu o premio especial Porc D'Or que concede o Ministerio de Agricultura a mellor granxa de España. Valora especialmente o benestar dos animais e nós quixemos comprobar, na propia granxa, en que consiste ese benestar.

Empezamos o percorrido pola granxa no espazo de xestación confirmada, onde as porcas repousan soltas ata unha semana antes de parir e teñen unha alimentación personalizada

"nos sabemos cada dia canto comeu cada unha délas, e tamén a que non comeu. Tampouco lles cortamos o rabo para que non sufran . O premio é, precisamente para recoñecer este benestar animal", asegura a veterinaria da granxa, Ruth González.

Benestar animal significa que os porcos conviven en espazos abertos e limpos e aquí, neste módulo experimental, estudan por primeira vez en España, os resultados de ter as porcas soltas durante a lactación.

"estamos estudando por exemplo,  se, nestas condicións, nacen mais leitóns ou se consumen mais ou menos pienso", precisa Ruth

Desta granxa saen, cada ano, centos de leitóns para ser cebados. Mentres, dispoñen de materiais axeitados, incluíndo os pés da xornalista, para satisfacer os seus instintos mais básicos: fozar e morder. A filosofía da granxa non é, di a veterinaria, producir moita carne senón facelo nas mellores condicións para os consumidores.

Desafortunadamente para o consumidor galego, todos os animais serán vendidos a Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019