CRTVG

Buscar

A máscara, de rareza a peza de moda

Publicado o 15/05/2020 15:46

Santiago. Ano 1988. Para darlle contundencia visual á súa protesta, estes ecoloxistas empregan un complemento que resulta case aberrante na rúa. Poñen máscaras para chamar a atención, e conseguen chamar a atención.

Santiago. Ano 2020. Nesa mesma praza de Fonseca o que sorprende agora é o contrario, sorprende ver alguén sen máscara.

"Efectivamente. Mesmo parece unha falta de respecto".
"A nova normalidade, supoño".

Pero se non está na cara, está no bolso.

"É horrible, e con gafas aínda peor. Pero é o que hai, non hai máis remedio".

Remedio para ter máscara é o que buscan agora os clientes nesta tenda de tecidos.

"Ultimamente xurdiunos moita demanda de tecidos sanitarios para fabricar máscaras artesanais".

Unha inédita especialización no escaparate porque no escaparate da rúa hai unha nova prenda que lucir.

"Fainas unha compañeira que cose. Ponlles un filtro, que tes que cambiar, e podes lavala. E é bonita. Eu xa pedín o paquete de biquini e máscara a xogo. Non, é broma".

Bromas con máscara, proba da súa normalización.

"Xa cho dixen o outro día: por que as Marías non levan máscara?".

Bromas que son proba da normalización da máscara.






 

Noticias web

15/05/2020