CRTVG

Buscar

Na corentena, os galegos non nos separamos máis de 500 metros da casa

Publicado o 16/04/2020 23:14
Na corentena, os galegos non nos separamos máis de 500 metros da casa

Os galegos neste tempo de confinamento facemos desprazamentos curtos, normalmente a menos de medio quilómetro das nosas casas. Os días en que menos xente se move son os domingos, fronte aos luns, cando hai máis desprazamentos. En xeral, entre semana, o movemento de persoas reduciuse máis dun 60%. Unhas cifras que se desprenden do estudo dos movementos e a xeolocalización dos nosos teléfonos móbiles.

Outro informe sinala, que coas prohibicións apenas houbo viaxes en Semana Santa. Con todo, os poucos madrileños que sairon da súa comunidade, fixérono a distintos destinos, como Valencia (un 2% do habitual outros anos), Andalucía (un 1% do habitual), Castela a Mancha (tamén un 1%), ou Galicia, onde chegaron o 2% dos que viaxaban outros anos.

Entre os lugares que máis frecuentamos os galegos nas nosas saidas están os supermercados, que recibiron ata cinco veces máis clientes do habitual na primeira semana deste mes. Un pouco antes sucedeu nos hospitais, onde viviron eses pico de afluencia nas urxencias a partir da segunda semana de marzo.

 

Noticias web

16/04/2020