CRTVG

Buscar

A maior parte dos colexios de Madrid retoma a actividade tras o temporal

Publicado o 20/01/2021 16:25

E despois de tres aprazamentos sucesivos, hoxe reabriron a maioría dos 2.557 centros educativos públicos e concertados de Madrid.

As clases comezaron no 98 % dos colexios da comunidade. Unicamente os alumnos de 43 centros no puideron regresar ás aulas. Deles 26 están na capital. Gran parte ten avarías nos sistemas de auga ou calefacción, problemas de accesibilidade, incidencias nas cubertas e risco de desprendementos.

Hai outros 21 colexios que abriron parcialmente porque teñen danos localizados.

A actividade educativa presencial reiníciase de xeito gradual, hoxe regresaron os nenos de infantil, primaria e os de primeiro e segundo da ESO.

Os do resto da ESO, bacharelato e FP farano mañá, xoves.

Noticias web

20/01/2021

Máis sobre actualidade