CRTVG

Buscar

A luguesa Torre de Núñez é xa a empresa líder en chacinería no noroeste de España

Publicado o 26/12/2019 15:16

O que comezou hai medio século cando un matrimonio de emprendedores decidiu vender embutidos lugueses por feiras e mercados foi converténdose cos anos na empresa líder en chancinería do noroeste de España.

Malia a forte expansión que comezou na década dos 80, Torre de Núñez segue a ser unha empresa familiar con sede en Lugo que emprega 110 persoas. As cifras deste ano confirman o seu crecemento.

Porque malia que Galicia segue a ser o principal mercado, que acapara o 50 por cento da produción, as cifras que máis medran son as das exportacións. Torre de Núñez xa está presente en 24 países, e un destaca sobre os demais.

A clave, din, está na produción artesanal e sen aditivos.

E o Nadal é a temporada alta de produción para esta empresa luguesa.

Noticias web

26/12/2019