CRTVG

Buscar

A Lotaría Nacional deixa millón e medio de euros en Vigo

Publicado o 13/09/2019 16:29

Este é o décimo gañador da Lotaría Nacional que este venres fixo feliz a medio cento de persoas nesta administración de Vigo. Un premio moi repartido que puidemos celebrar con algúns dos seus protagonistas. 

Un premio que deixa un millón e medio de euros repartidos en 50 décimos vendidos todos eles en ventaíña. O número o 43.915 tiña dende hai anos unha trintena de abonados. Pero tamén houbo quen o colleu no último momento e, claro, custáballes crer que eran os agraciados.

Esta administración de Vigo xa repartiu hai un mes un gran premio gordo da Bonoloto. E como parece que están en racha, os seus propietarios non dubidan en seguir repartindo máis premios entre os seus clientes. Este venres foron moitos os que quixemos probar sorte.

Noticias web

13/09/2019