CRTVG

Buscar

A localidade sevillana de Estepa sofre graves desfeitas tras unha forte treboada

Publicado o 12/08/2020 08:19

En Estepa, en Sevilla, unha enorme treboada, de auga e pedrazo levou por diante canto atopou ao seu paso e deixou vivendas e rúas anegadas. A tromba foi das que fan historia: 80 litros por metro cadrado en só unha hora, e pedras de entre tres e catro centímetros de groso.

Isto, despois de varias semanas por riba dos 44 graos. Os danos materiais son importantes. Por sorte, non houbo feridos.