CRTVG

Buscar

A liña Ferrol-A Coruña, un dos trens máis lentos de España, non ten previstos investimentos ata dentro de catro anos

Publicado o 24/09/2019 15:43

Viaxamos nun tren Alvia, unha das sete frecuencias que cobren a diario o traxecto entre Ferrol e A Coruña. O convoi segue a ruta cara a Madrid, pero nesta zona non pode superar os 60 km/hora de media. Travesas aínda de madeira na vía e un investimento no sentido da marcha na estación de Betanzos que atrasa en dez minutos o tempo de traxecto.

O Ministerio de Fomento ten en marcha un plan director de mellora en varias liñas galegas que no caso do traxecto Ferrol-A Coruña non contempla investimentos antes do ano 2023.

Finalmente, a viaxe, unha das máis rápidas do día, contabiliza unha hora e dez minutos, fronte aos 40 minutos do coche ou os 50 do autobús. Unha diferenza importante para unha área metropolitana na que se moven a diario unhas 600.000 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019