CRTVG

Buscar

A Liga ACT comezará na Coruña

Publicado o 30/05/2020 19:33

 
Os deportes de verán, como o remo, tamén perfilan o seu calendario. E a Liga ACT, que como sempre veremos de xeito íntegro na G2, vai comezar na Coruña. A asemblea decidiu hoxe eliminar a primeira proba e empezar directamente coa Bandeira teresa Herrera a primeira fin de semana de xullo. A Liga terá 18 probas, e as dúas últimas antes da Concha e o Play off serán outra vez en Galicia. O sábado 29 de agosto en Ares e o domingo 30 en Boiro. As anfitrioas serán as dúas traiñeiras galegas, Ares e Cabo da Cruz.

Noticias web

30/05/2020