CRTVG

Buscar

A lenta despedida do teléfono fixo

Publicado o 06/11/2019 15:47

Chegou ás nosas casas como un artigo de luxo, e co tempo converteuse nunha ferramenta indispensable. Hoxe, o teléfono fixo vai caendo lentamente no esquecemento. 

Pasou de ser usado por todos a ser usado por moi poucos. Cada día danse de baixa centos de liñas. Agora ben, de tanto acompañarnos, o seu timbre quedou instalado para sempre na nosa memoria. Aínda que poida soar raro oílo a estas alturas.

Van desaparecendo, van. Así que para lembralos pedimos axuda. E pedímola por teléfono: acudimos á nostalxia do noso arquivo.

Aquel timbre característico transpórtanos ao tempo en que non se podía falar andando, en que non chamabamos ás persoas, chamabamos aos lugares.

Eran silencios que se rompían con sobresalto. Atados ao cable, había que buscar intimidade pechando portas, falando en voz baixa.

Recordos dos tenros tempos de chamar polos amores primeiros. Vinte ou trinta veces chaman cada día ao fixo dun bar. Días sen recibir chamadas ao fixo botan noutro establecemento. Por iso, hoxe este teléfono está e non está. Antes era un luxo, agora é unha lenta despedida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019