CRTVG

Buscar

A Lei de reactivación económica pretende eliminar trabas aos investidores

Publicado o 26/11/2020 14:57

Di Feijóo que a lei creará unha nova cultura administrativa, de xeito que obter unha licenza para rehabilitar ou edificar sexa máis rápido, e establece un prazo xeral de tres meses para tramitar un proxecto coa Xunta. O texto, segundo avanzan, tamén incluirá axudas ao financiamento e beneficios fiscais para proxectos empresariais, maiores no rural.

Outro dos apartados destacados da lei ten que ver cos fondos europeos, para coordinar as iniciativas beneficiadas con eses cartos.

"Non podemos poñer trabas aos investidores, e menos agora. Imos facer fortaleza das dificultades e, en consecuecia, este será un texto innovador", defendeu Alberto Núñez Feijóo. 

Como exemplo, o presidente di que a tramitación dun parque eólico sería dun ano cando agora é de case dous.

Noticias web

26/11/2020