CRTVG

Buscar

A Junta de Andalucía denuncia que existen tres caixas fortes con papeis

Publicado o 10/12/2019 14:51

Novidades no caso dos ERE de Andalucía. A Junta denuncia que existen tres caixas fortes con papeis. Atopáronos na Axencia Idea, a que fora a caixa pagadora dos eres fraudulentos. As caixas fortes agochaban expedientes de regulación de emprego ilegais.

Entre os documentos está o préstamo que o Goberno socialista de Manuel Chaves lle concedeu á empresa Hijos de Andrés Molina, un préstamo que a xustiza considerou ilegal.

Noticias web

10/12/2019