CRTVG

Buscar

A IXP Mel de Galicia agarda certificar este ano 600 toneladas

Publicado o 02/10/2019 14:55

É tempo de recoller o mel, e os apicultores do interior, nas provincias de Lugo e Ourense, son os últimos en rematar. O mel recollido tamén comeza a ser envasado baixo o amparo da IXP Mel de Galicia. Este ano din que, agás nas zonas de montaña onde o mel de carballo se reduciu ata un 60%, a campaña é boa.

A principal preocupación dos apicultores seguen a ser os ataques da barroa, un ácaro que come as ás das abellas, e, sobre todo, a avespa velutina, para a que tiveron que instalar diferentes tipos de trampas.

Dende a IXP MEl de Galicia destacan a incorporación de novos apiculotres e a súa aposta por sacar ao mercado un produto de alta calidade como é o mel galego.

A Indicación Xeorgráfica Protexida ten 350 produtores de mel inscritos, que contan con máis de 45.000 colmeas en toda Galicia.

Noticias web

02/10/2019