CRTVG

Buscar

A irlandesa que se fixo escritora no Camiño

Publicado o 30/08/2019 16:55

Unha irlandesa converteuse en escritora no Camiño de Santiago. Chegou hai tres anos como invitada a unha voda e nela oíu falar moito do Camiño. Ao día seguinte xa se botou a andar cara a Fisterra e dende aquela, repite cada ano. Volveu estes días e a TVG estivo con ela.

Áine Kelly é a irlandesa protagonista desta historia. Chegou a Galicia como invitada a unha voda en Compostela e o Camiño de Santiago chamou a súa atención.

Despois da festa, conta, deitouse ás cinco da mañá e ao día seguinte xa era unha peregrina que empezaba a etapa dende o hotel, convencida de ir atopar algo. "Todos os que vovían do Camiño volvían con algo difícil de explicar", explícanos Áine, e ela quería descubrilo por si mesma.

E comezou o que sería o seu primeiro Camiño de Santiago. "O Camiño é un andar de reflexión", relata. Para ela facelo foi toda unha viaxe espiritual, unha lección de vida xa que a experiencia cambioulle a mirada a esta traballadora social de 62 anos. Como consecuencia decidiu comezar a escribir e relatar esa experiencia nun libro.

Sete compañeiros de traballo de Áine fixeron o Camiño despois de escoitar o que ela viviu: a repentina revelación de avanzar con enerxía, ao marabillarse coa paisaxe galega.

Dende aquela voda de hai tres anos, cada ano volve ao Camiño ata Fisterra. O ano que vén Áine partirá dos Pireneos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019