CRTVG

Buscar

A investidura de Pedro Sánchez, pendente de apoios e suspensións

Publicado o 22/05/2019 15:05

Novamente esta cifra, 175, vai ser decisiva na lexislatura. Os votos que onte permitiron a elección da nova presidenta do Congreso serían suficientes para que Pedro Sánchez saia investido na segunda votación. Pero a aritmética nun Parlamento con quince partidos é máis complexa ca nunca. Onte apoiaron a Batet Unidas Podemos, Compromís, PNV, Coalición Canaria e o deputado de Revilla, pero os canarios rexeitan apoiar a Sánchez. Si parecen asegurados os votos dos seis deputados do PNV, tal e como deixaba entrever o seu voceiro, de campaña en Ourense.

A probable suspensión dos deputados presos rebaixaría o número de votos requiridos para a maioría simple, pero os independentistas advirten que este é un mal comezo.

PP e Ciudadanos desconfían deste distanciamento, e critican o papel de Batet durante o acatamento da Constitución na sesión de onte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019