A internacional colombiana Lady Andrade ficha polo Deportivo Abanca
Publicado o 07/07/2020 16:28
Lady Andrade ficha polo Deportivo Abanca. A xogadora colombiana de 28 anos é unha dianteira que xogou en Huelva hai sete anos; despois, nos Estados Unidos e no Milán. Disputou dous mundiais con Colombia. Co Milán rematou a liga italiana na terceira posición.