CRTVG

Buscar

A intelixencia artificial axuda a diagnosticar e tratar con precisión determinadas doenzas

Publicado o 03/10/2019 14:50

Grazas ao Big Data, ao manexo e interpretación de grandes volumes de datos, é posible predicir determinadas doenzas, facer diagnósticos e tratamentos de precisión.

A intelixencia artificial ponse ao servizo da medicina personalizada en enfermidades como o cancro de pel, de colon ou de mama. Permite, por exemplo, ter información que non se coñece por outras vías.

A intelixencia artificial tamén ten aplicacións no diagnóstico do ictus e mesmo pode predicir doenzas psicolóxicas a través do estudo das fotos que se soben ás redes sociais.

E vai máis aló. Hai avances no chamado cerebro computacional. Un sistema para interpretar o pensamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019