CRTVG

Buscar

A instrución do alixo de 1.700 quilos de cocaína a bordo do Titán Terceiro remata con 21 procesados

Publicado o 13/06/2019 13:52

O xuíz manda a xuízo a causa do alixo dos 1.700 quilos de cocaína comisados a bordo do remolcador Titán Terceiro.

A operación tivera lugar en agosto do ano pasado. O barco fora interceptado entre Os Azores e Funchal, e o alixo estaba destinado a tres grupos de narcotraficantes galegos.

O maxistrado do Xulgado de instrución número 1 de Vigo declara concluído o sumario, e remitiuno á Audiencia Provincial. En total irán a xuízo 21 procesados dos 30 investigados inicialmente. Entre os exonerados están Manuel Charlín Gama e o seu fillo Melchor.

Noticias web

13/06/2019