CRTVG

Buscar

A Inspección regulariza 11.013 falsos autónomos de Glovo

Publicado o 22/10/2020 09:00

A Inspección de Traballo deu de alta na Seguridade Social máis de once mil traballadores da plataforma de reparto a domicilio Glovo.

A autoridade laboral considera que a firma os empregaba como autónomos, cando en realidade son traballadores por conta allea. A resolución é consecuencia das denuncias de varios sindicatos e tamén das investigacións de oficio que realizou a Inspección de Traballo.

A Seguridade Social reclámalle a Glovo máis de dezaseis millóns de euros polos traballadores considerados falsos autónomos.

Precisamente, representantes do Goberno de España e dos axentes sociais acordaron onte negociar a futura lei dos repartidores, que afectará o traballo en todas as plataformas dixitais. A futura norma deberá dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo que recoñeceu que a relación entre un repartidor e a empresa Glovo tiña natureza laboral.

Noticias web

22/10/2020

Máis sobre actualidade