CRTVG

Buscar

A inseguridade do Deportivo explica o gol do Rácing

Publicado o 28/10/2019 20:00

O medo ao penalti, a recibir un castigo do que o equipo non se puidese recuperar, afectou á toma das decisións, recoñece Álex Bergantiños: "Ese temor de non querer facer penalti, de non querer encaixar cedo fai que non fagas cousas que adoitas facer e ao final no único disparo a porta marcaron o gol".

Bergantiños exerceu de capitán antes de empezar o partido en Santander.: "Falando cos meus compañeiros ao principio do partido, pedinlles que tentasen pensar que era o primeiro de liga e borrar toda a traxectoria que levamos".

A piques de superar o primeiro terzo do campionato, as sensacións, di Bergantiños, failles peores xogadores do que realmente son: "Non chegas, dubidas, pensas que o balón é do compañeiro, ese temor a facer un penalti que condicione o partido tan pronto. Esas sensacións que temos e que nos fan parecer peores xogadores do que somos e que hai que tentar ilas borrando".

O xogador coruñés considera que en Santander o equipo deu un paso adiante na segunda parte: mantivo a orde e xuntou moito máis as liñas.  "Sobre todo reconfórtame o feito de que, véndonos na segunda parte por debaixo no marcador, non se veu o do día do Málaga", apunta o capitán
 

Noticias web

28/10/2019