CRTVG

Buscar

A incidencia segue á alza en España tras sumar 42.885 novos casos e 400 mortes

Publicado o 22/01/2021 18:41
A incidencia segue á alza en España tras sumar 42.885 novos casos e 400 mortes

O Ministerio de Sanidade notificou este venres, cos datos facilitados polas comunidades autónomas, 42.885 novos casos de coronavirus, dos que 18.187 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 18.504 rexistrados o xoves.

A cifra global de persoas infectadas de Covid-19 desde o comezo da pandemia sitúase nas 2.499.560. Así mesmo, a incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días segue incrementándose día tras día, situándose nos 828,57 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 795,65 notificado o xoves polo departamento que dirixe Salvador Illa.

Este venres notificáronse 400 mortes máis. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España sexa xa de 55.441 persoas.

Na actualidade, hai 27.462 pacientes ingresadosen toda España e 3.908 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 3.713 ingresos e 2.685 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase este venres no 21,63 por cento e nas UCI no 37,61 por cento. 

Noticias web

22/01/2021