CRTVG

Buscar

A incidencia das alerxias pode ser este ano máis alta porque chove moito, aseguran os alergólogos

Publicado o 21/05/2020 14:07

Esta primavera comezou sendo distinta para os alérxicos. O confinamento reduciu as saídas ao exterior e con iso a chegada ao organismo dos elementos que producen as reaccións. Pero ao medrar a liberdade de movementos aumenta tamén a aparición das sintomatoloxías. Algo que xa se nota nos servizos médicos de alergoloxía.
Esta primavera, ademais, non se presenta fácil.

Carlos González de la Cuesta, xefe de Alergoloxía do CHUS, di que este ano choveu moito e a incidencia de alerxías pode ser máis alta. O confinamento evitou que se presentasen antes.

O uso de máscaras pode ser beneficioso para algúns tipos de alerxias.

O doutor González de la Cuesta di que as máscaras evitan a entrada de pole nos condutos respiratorios.

Para a sintomatoloxía leve, o de sempre: antiestamínicos e colirios. Para as reaccións máis serias, acudir sempre ás consultas dos especialistas.
 

Noticias web

21/05/2020