CRTVG

Buscar

A importancia da emigración na historia galega formará parte dos plan de estudo

Publicado o 04/12/2019 15:50

 Os plans de estudo de primaria e secundaria incluirán a importancia que tivo a emigración na historia de Galicia. Trátase dunha medida avanzada este mércores polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para plasmar o compromiso do Goberno coa protección e transmisión deste legado ás novas xeracións, ademais de anunciar un Plan Director do Patrimonio Documental das sociedades galegas no exterior.

Feijóo trasladou estas iniciativas durante a clausura do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, durante a que reivindicou o reto de impulsar "a memoria da emigración" e a "obrigación" histórica da Galicia do presente para conservar este patrimonio iniciado "fai máis dun século" por estas comunidades. O presidente galego remontouse ata 1879, á fundación do primeiro centro galego en Montevideo, como a orixe da extensión "por todo o mundo" destas entidades e dos moitos emigrados que enviaron "dólares, bolívares, pesos" para colaborar no financiamento dos servizos públicos e á construción de "centenares de escolas".

Hoxe os estudantes galegos "superan a media da OCDE, da UE e das comunidades autónomas", reivindicou Feijóo en alusión ao informe PISA, polo que o traballo "que deu os seus froitos" para lograr "a xeración de galegos máis formada" da historia de Galicia. Tamén se referiu a que moitas destas institucións e centros galegos "son centenarias" e afrontan os "novos retos da súa actividade diaria para garantir o seu futuro", posto que "está en xogo" preservar ese "valioso patrimonio" intrínseco á identidade do pobo de Galicia

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019