CRTVG

Buscar

A illa da Madeira volve estar en alerta por un incendio

Publicado o 05/02/2020 15:33

Na illa da Madeira, en Portugal, os equipos de extinción levan dous días intentando dominar un incendio descontrolado. As lapas ameazan estas horas varias vivendas.

A estas horas todos os efectivos de bombeiros, Protección Civil e mesmo a policía están centrados en evacuar e evitar que ese incendio chegue ás vivendas do oeste da illa.

Os veciños están xogando un papel importantísimo tamén neses labores. Levan desde luns ben cedo arredando as lapas das súas propiedades. Eles mesmos denuncian que non hai efectivos dabondo e que faltan medios aéreos.

O Goberno da illa di que a poboación está moi diseminada e que é case imposible atallar todas as frontes que amezan as casas. Aínda non se sabe se o incendio foi causado pola man humana, pero unha masa cálida africana, a escasa humidade e o vento forte están detrás da virulencia do lume. 

 

 

 

Noticias web

05/02/2020