CRTVG

Buscar

A hostalería ultima o plan de desescalada, con control de ocupación e rexistro de clientes

Publicado o 16/02/2021 16:54

A hostalería galega vai ter que agardar á semana que vén para saber cando e en que condicións poden volver atender clientes. A Xunta e o sector xa ultiman un plan de desescalda para conseguir unha reapertura segura. 

Sabemos que a hostalería non vai poder reabrir ao mesmo tempo en toda Galicia, vai depender da situación epidemiolóxica de cada zona, e agora mesmo a área sanitaria da Coruña é a que ten peor as cousas. 

Vai haber dous sistemas de control, un mediante código QR que permita facer o rastrexo dos clientes no caso dun positivo no local; o outro, a través dunha ferramenta web que permitirá aos hostaleiros calcularen a ocupación máxima do seu local seguindo criterios sanitarios. 

Os hostaleiros, autonónomos e microempresas que teñan débedas con Facenda poderán solicitar as axudas do segundo plan de rescate da Xunta. Iso si, terán que acreditar que empregan o diñeiro para saldar a débeda. 

Noticias web

16/02/2021