CRTVG

Buscar

A hostalería reclama axudas; o sector e as administracións non chegan a acordo

Publicado o 26/01/2021 08:33

Xuntanza entre os representantes do sector hostaleiro, a Xunta, as deputacións e os concellos, para consensuaren un plan de rescate para a hostalería e o turismo.

De momento, non hai acordo entre as adminsitracións. A Xunta e o sector propoñen un plan de rescate en que o goberno galego achegue un 50 % das axudas, un 30 as deputacións provinciais e un 20 % os concellos.

As deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo discrepan deste modelo e reclaman que tanto os organismos provinciais coma a Xunta e os concellos destinen un 1 % do seu presuposto para axudar á hostalería e ao turismo nestes momentos de crise.

O próximo mércores haberá unha nova xuntanza para seguir avanzando neste plan de rescate, para o que a Xunta xa avanzou que ten reservados 50 millóns de euros.

 

Noticias web

26/01/2021