CRTVG

Buscar

A hostalería e o comercio de Vigo botan contas do negocio que xeran as luces de Nadal

Publicado o 21/11/2019 14:07

A partir do próximo sábado, as luces de Nadal volverán iluminar a cidade olívica. O seu acendido será o tiro de saída para unhas festas que, en Vigo, se converteron nun importante reclamo turístico. Agárdase que a ocupación chegue ao 75% por cento en decembro, con picos máis altos nas fins de semana, en que algúns hoteis xa están completos. 

E esa situación estratéxica a carón das luces mesmo abre novas liñas de negocio. Neste hotel propoñen cear contemplando en primeira liña o acendido de Nadal. Na rúa ultímanse os preparativos e tamén nos hoteis e restaurantes, que aumentarán a contratación para atender a demanda. 

Vigo agarda recibir vistantes de toda Galicia, pero tamén de fóra da comunidade, nun Nadal que lles permite aos hostaleiros vencer os tradicionais números vermellos de fin de ano e rematalo cun balance positivo.

Noticias web

21/11/2019