CRTVG

Buscar

A guía didáctica 'Os balnearios de Galicia' busca achegar os escolares á balneoterapia

Publicado o 28/10/2020 21:47

Esta tarde presentouse na Cidade da Cultura a guía didáctica Os balnearios de Galicia. A publicación está promovida pola Cátedra de Hidroloxía Médica do profesor Juan Gestal e está pensada para as escolas.

Con ela búscase achegar o alumnado dos últimos cursos de primaria e os primeiros da ESO ao mundo das terapias nos balnearios.

A guía divídese en varios apartados interactivos. A través deles, os escolares poderán descubrir os 21 balnearios de Galicia e as enfermidades que se tratan en cada un deles.

Noticias web

28/10/2020