CRTVG

Buscar

A Garda Urbana de Barcelona desaloxa os últimos acampados na praza da Universidade

Publicado o 20/11/2019 07:55
A Garda Urbana de Barcelona desaloxa os últimos acampados na praza da Universidade

Axentes da Garda Urbana de Barcelona desaloxaron esta madrugada as últimas persoas que permanecían acampadas na praza da Universidade da capital catalá e retiraron as tendas de campaña, valos e aveños que formaban un campamento no medio da Gran Vía da capital catalá.

Decenas de axentes da Policía Municipal acudíron pouco antes da unha da madrugada na acampada e obrigaron a varias decenas de mozos que aínda pernoitaban nas tendas para abandonar o lugar, nunha operación que durou pouco menos de media hora.

Algúns dos acampados ofreceron certa resistencia e lanzaron obxectos aos axentes, e varios deles chegaron a utilizar as súas porras para facer retroceder aos mozos cara ás rúas que conectan coa praza.

Tras o desaloxo, os servizos de limpeza do Concello de Barcelona retiraron os obxectos que quedaban na calzada para poder abrir ao tráfico as vías ata o de agora ocupadas.

A acampada iniciouse o pasado 30 de outubro por parte de estudantes que protestaban pola sentenza do  procés, aínda que desde hai días varias organizacións xuvenís de partidos e sindicatos estudantís abandonaran a protesta e só un reducido grupo de mozos optara por permanecer na praza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí