CRTVG

Buscar

A Garda Civil suxire nun novo informe que Simón ocultou información sobre a pandemia

Publicado o 04/06/2020 21:00

Un novo informe que a Garda Civil lle entregou á xuíza que investiga o 8-M mantén que o Goberno tiña nese momento información suficiente sobre a pandemia. Suxire que o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, ocultou información ás comunidades autónomas sobre un informe da Unión Europea que lles reclamaba aos estados membros evitar calquera tipo de acto multitudinario e impedir concentracións masivas innecesarias.

O ministro de Sanidade insiste en que "non había evidencias científicas" para prohibir as manifestacións do 8 de marzo. Salvador Illa dixo que cando as houbo foi "inmediatamente despois" do Día da Muller.

"Eses días iso celebrouse porque non había a evidencia científica, polo menos eu non a tiña. Cando a houbo, foi inmediatamente despois, é verdade, tomamos estas medidas. O 8-M non só se celebrou en Madrid, nin en España, celebrouse en moitos países do mundo, e eses días en Madrid, insisto, celebráronse outro tipo de eventos", di Salvador Illa, ministro de Sanidade.

 

Noticias web

04/06/2020