CRTVG

Buscar

A Garda Civil rexistra en Fornelos a vivenda dos líderes de Resistencia Galega

Publicado o 22/06/2019 15:06

• Os axentes buscan probas dalgunha acción prevista para os próximos meses

• Os líderes de Resistencia Galega volveron esta maña á aldea de Baños

O rexistro comezou pouco antes das oito desta mañá

A Garda Civil rexistra arestora a vivenda do concello pontevedrés de Fornelos de Montes na que se agocharon polo menos durante cinco anos os líderes de Resistencia Galega Antón García Matos e a súa parella Asunción Losada Camba. Ambos os dous foron trasladados esta noite dende o cárcere da Lama ata a aldea abandonada na que buscaron acubillo.

Chegaron en medio de fortes medidas de seguridade e estiveron acompañados en todo momento polos seus avogados. A parella levaba 13 anos fuxida da xustiza e foi detida o sábado pasado en Vigo pouco despois de entraren en Galicia dende Portugal. Os axentes sospeitan que os detidos tentaban reunirse con colaboradores de Resistencia Galega para ordenarlles, posiblemente, algunha acción terrorista o 25 de xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019