CRTVG

Buscar

A Garda Civil reivindica máis medios para loitar contra a pandemia

Publicado o 11/10/2020 14:33

Foi e continúa sendo peza fundamental no control das limitacións de mobilidade da poboación. Desde o primeiro momento, desde que estalou a pandemia, a Garda Civil traballa en primeira liña. Durante os momentos máis críticos do estado de alarma os axentes da Garda Civil apoiaron o labor dos sanitarios, colaboraron no transporte de medicinas e alimentos, estiveron nas residencias conquistadas polo coronavirus. O luns non poderán celebrar con grandes actos o día da súa patroa, pero queren que se escoiten as súas reivindicacións. "Necesitamos máis medios para loitar contra a lacra da pandemia. Os medios teñen que ser máis, mellores e chegar máis rápido", explica o voceiro de Jucil, Agustín Leal, que engade que, xunto cos sanitarios, a Policía Nacional e os militares, a Garda Civil é o escudo da poboación contra a pandemia.

Este doce de outubro será un día de lembranza e homenaxe aos gardas civís falecidos pola covid-19.

Noticias web

11/10/2020