CRTVG

Buscar

A Garda Civil recupera palés roubados nunha empresa de Ponteareas

Publicado o 01/07/2019 14:08
A Garda Civil recupera palés roubados nunha empresa de Ponteareas

A Garda Civil incautou medio millar de palés almacenados na mesma empresa de Ponteareas, na que se recuperaran 1.300 no mes de marzo.

As investigacións iniciáronse tras as sucesivas denuncias que se recibiron polo roubo de palés na zona. A Garda Civil rexistrou de novo as instalacións, e incautáronse 509 que figuraban como subtraídos en distintas empresas do sur da provincia. O responsable de compras e a administradora mercantil están a ser investigados por un presunto delito de receptación. Ademais foi detido un home de nacionalidade portuguesa como suposto autor do roubo dos palés.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019