CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga un presunto intento de agresión sexual en Cambre

Publicado o 21/02/2019 13:22

A Garda Civil investiga unha suposta agresión sexual. Os feitos rexistráronse a última hora da tarde cando o home se botou sobre a muller no paseo marítimo do Temple e lle arrincou as pezas de roupa da parte superior do corpo. A vítima logrou fuxir pero, ao parecer, sufriu feridas de carácter leve no pescozo. Despois, denunciou os feitos no cuartel de Cambre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2019