CRTVG

Buscar

A Garda Civil incáutase dunhas mil plantas de marihuana no sur da provincia de Pontevedra

Publicado o 07/09/2020 09:34

A Garda Civil incautouse dunhas mil plantas de marihuana en varios invernadoiros do sur da provincia de Pontevedra.

A requisa máis importante tivo lugar no Porriño onde os axentes comisaron máis de cincocentas plantas de cánnabis en varias parcelas de uso público provistas dun sistema de rego automático e vixilancia con cámaras. En Tui incautáronse de catrocentas cincuenta plantas, provistas de rego. fertilización, iluminación e ventilación moi avanzados. A Garda Civil investiga once persoas. 

Noticias web

07/09/2020