CRTVG

Buscar

A Garda Civil intensifica a vixilancia sobre tractores agrícolas e vehículos especiais na Coruña

Publicado o 26/09/2020 11:01

A Garda Civil pon en marcha unha campaña de vixilancia de tractores e vehículos especiais nas vías de comunicación da provincia da Coruña. Preténdese concienciar aos usuarios sobre o uso dos sistemas de seguridade nestes vehículos, o seu adecuado mantemento e a necesidade de evitar atropelos ou accidentes vinculados con eles.