CRTVG

Buscar

A Garda Civil escolta un camión sanitario desde Verín ata Alacante

Publicado o 04/04/2020 11:04

A Garda Civil escoltou un camión con 140.000 batas hospitalarias desde a fronteira con Portugal ata o seu destino en Elxe. O camión chegou do país veciño o día 1, entrou por Verín e dirixiuse en primeiro lugar ata o hospital de Torrejón de Ardoz, en Madrid para descargar parte da mercadoría. Logo continuou ata o que foi o seu destino final no hospital de Vinalopó. 

Noticias web

04/04/2020