CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un xihadista por enxalzamento e adoutrinamento terrorista

Publicado o 13/07/2019 19:35

A Garda Civil detivo en Pamplona un xihadista acusado de reincidir en enxalzamento e adoutrinamento terrorista. No arresto participou o Centro Nacional de Intelixencia e produciuse fronte nun polígono industrial da capital navarra. O home, de 48 anos e orixe marroquí, estaba na cabina dun camión. Investigado desde 2015, xa fora detido en 2016 e condenado pola Audiencia Nacional. Desde a súa saída do cárcere mantivo a súa adhesión en contas de redes sociais aos postulados terroristas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019