CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén tres persoas por venda ilegal de máscaras non homologadas

Publicado o 05/07/2020 10:42

A operación Coronafarma, iniciada pola Garda Civil no mes de abril, continúa dando resultados. Nesta segunda fase do operativo, a Garda Civil detivo tres persoas e catro están sendo investigadas en distintas localidades de Madrid, Valencia e Ávila como presuntas autoras dos delitos de asociación ilícita contra a saúde pública, branqueo de capitais e contra a propiedade industrial.

Cinco desas persoas son de nacionalidade chinesa, que adquirían máscaras na China, enviábanas a Valencia e desde alí facían toda a distribución. A Garda Civil logrou retirar do mercado máis de 260.000 destas máscaras non homologadas valoradas económicamente nuns 300.000 euros.

Noticias web

05/07/2020