CRTVG

Buscar

Deteñen tres homes pola súa implicación na morte dun home en Toques

Publicado o 03/06/2019 19:45

Foi o pasado 27 de marzo. Un equipo de extinción ía apagar un incendio forestal no concello de Toques. Nos arredores localizaron un coche ardendo cun cadáver calcinado no interior, nunha zona a onde non chegara o lume. A Garda Civil identificou a Julio Lea Casal, veciño de Sobrado dos Monxes, de 59 anos e que traballaba como xardineiro.

As análises dos restos revelaron un golpe na cabeza e unha ferida no peito, polo que se niciou unha investigación para determinar se se trataba dun accidente ou dunha morte violenta. A detención, este luns, de tres persoas relacionadas co caso apunta á segunda opción.