CRTVG

Buscar

Caen tres organizacións dedicadas ao cultivo e tráfico de marihuana en Barcelona

Publicado o 02/07/2020 08:48

A Garda Civil dá por desmanteladas tres organizacións criminais dedicadas ao cultivo e ao tráfico de marihuana.

Tiñan catro plantacións en varias localidades da provincia de Barcelona, onde se comisaron case 4.000 plantas de marihuana, brotes e 70 quilogramos de droga procesada.

Os axentes prenderon seis persoas de nacionalidade española, serbia e montenegrina aos que se acusa de delitos de tráfico de droga e defraudación de fluído eléctrico.

 

Noticias web

02/07/2020