CRTVG

Buscar

A Garda Civil desaloxa un furancho que superaba o número de clientes e o toque de queda

Publicado o 03/12/2020 14:36

Os veciños de Touro hoxe non falan doutra cousa.

"Agora mesmo, neste momento, acábame de contar ela, estábao lendo e quedei alucinando porque a verdade ás veces si que se ve bastante ocupación polas noites, pero agora non, agora non, e entón eu alucino porque a xente, estando como estamos, hai que ser un pouco conscientes", comenta unha muller.

Segundo confirmou a Garda Civil, os identificados eran veciños do concello. Intentaron fuxir pola porta traseira do furancho e algúns conseguírono. Dos 15 que estiman que había, 10 foron identificados e 7 deles denunciados por varias infraccións relacionadas coa prevención da covid, entre elas superar o horario do toque de queda e límite de 6 persoas reunidas.

Nunha inspección ao interior atoparon cinceiros cheos de cabichas e forte olor a tabaco, polo que tamén incumpriron a normativa que prohibe fumar en locais públicos.

Se prospera a denuncia, enfróntanse a unha sanción económica de entre 600 e 6.000 euros. "Paréceme xenial que lle saia a bromiña en 600 euros, e debería saír nun pouco máis, porque así sería unha lección moi boa para todos porque o económico dóenos. O que afecta a saúde non importa, pero o económico si", opina a veciña. 

Noticias web

03/12/2020